A empresa tecnolóxica lucense HimiKode foi seleccionada para participar en Host Milano 2025, que se celebrará en Milán, Italia, do 17 ao 21 de outubro. Esta feira internacional é o principal punto de encontro para os profesionais de hoteis, restaurantes e cafeterías de todo o mundo.
HimiKode, creada e desenvolvida en Lugo, ofrece a solución IoT Hkoffee que dixitaliza cafeteiras e muíños, permitindo a tostadores e distribuidores un control preditivo e eficiente dos seus equipos. A súa tecnoloxía universal permite anticipar avarías, optimizar custos e mellorar a calidade do café servido. Na súa caseta A56 no Hall 12, HimiKode mostrará esta innovadora tecnoloxía que xa está a transformar o mercado internacional e posiciona a Lugo como un referente tecnolóxico emerxente na industria HORECA.
“Estamos moi orgullosos de representar a Lugo en Host Milano 2025 e demostrar como a innovación local pode impactar e liderar nun sector global e competitivo”, afirma Noemí Rodríguez, CEO & Foounder de HimiKode. Este evento supón un fito para a empresa e para a cidade, que segue apostando pola internacionalización e o desenvolvemento tecnolóxico dos seus negocios.
HIMIKODE
HimiKode é unha empresa de tecnoloxía situada en Lugo que desenvolve solucións IoT para o sector do café no canle HORECA, conectando máquinas e proporcionando datos en tempo real para mellorar o mantemento, vendas e calidade.