InicioSociedadeDeixa de pagar as cotas do arrendamento dun tractor e remata condenado...

Deixa de pagar as cotas do arrendamento dun tractor e remata condenado a dous anos de cárcere

As partes chegan a un acordo na Audiencia Provincial, tras un periplo xudicial de cinco anos e devolver o vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Becerreá aceptou este martes unha pena de dous anos de cárcere por quedar cun tractor que comprou mediante ‘leasing‘ e do que deixou de pagar as cotas dous anos despois. Este caso, polo que nun principio se pedían cinco anos por apropiación indebida, chegou ata a Audiencia Provincial ao sumarse un delito de desobediencia, xa que unha sentenza anterior obrigaba ao home á devolución do tractor, cousa que non fixo.

Os feitos remóntanse ao ano 2018, cando este home asinou o contrato de aluguer con dereito a compra do tractor, do que deixou de pagar as cotas en decembro de 2020. A partir dese momento, a empresa propietaria iniciou o proceso para obter a súa devolución que acabou con sentenza xudicial en 2022, na que se reclamaba a entrega inmediata do vehículo. Nas ocasións que lle foi requirido, o home asegurou que o prestou ou subarrendado e non foi ata o pasado luns, 6 de outubro de 2025, que fixo entrega do mesmo, o que motivou o acordo entre as partes xusto antes do inicio do xuízo na Audiencia Provincial.

Deste xeito, este veciño de Becerreá foi condenado a dous anos por apropiación indebida, aínda que se lle pedían tres anos e seis meses (catro no caso da acusación particular) e a pagar unha multa de 1.080 euros. Polo delito de desobediencia non houbo pena de cárcere, pero si multa doutros 1.080 euros. A acusación particular, correspondente á empresa propietaria do tractor, retirou a súa petición de pena e rexeitou a indemnización que se pedía, consistente no valor do vehículo, xa que houbo devolución do mesmo. Ao recibir unha condena inferior a 2 anos acordouse a suspensión da pena, polo que non irá a prisión e recibiu o permiso para fraccionar o pago da multa en cotas durante 12 meses.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...