InicioSociedadeLugo acollerá este sábado unha marcha para celebrar o Día Internacional das...

Lugo acollerá este sábado unha marcha para celebrar o Día Internacional das Persoas Xordas

Sairá da Praza Anxo Fernández Gómez ás 12.15 e, ás 12.30, lerase un manifesto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) organiza este sábado, en Lugo, unha celebración do Día Internacional das Persoas Xordas que sairá en marcha da Praza Anxo Fernández Gómez ás 12.15 e, ás 12.30, lerase un manifesto. Tal e como trasladou a federación nun comunicado este venres, “con motivo do loito oficial declarado no Concello de Lugo, suspéndense as intervencións institucionais previstas”. É dicir, a marcha reivindicativa mantense, “pero sen batucada”.

Prevese que acudan ao acto que se realizará baixo o lema ‘Non hai dereitos humanos sen dereito á lingua de signos’ o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu), Daniel Lourés, a presidenta de Faxpg, María Alonso Mesia, e o director territorial de Política Social da Xunta, Óscar Viñas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...