InicioSociedadeConta atrás para o 'Caudal Fest'

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A ‘última gran festa do verán’ chegará a Lugo os vindeiros 19 e 20 de setembro. No cartel deste ano, entre outros, estarán nomes como ‘Love of Lesbian’ e ‘Melendi’, do panorama nacional, e ‘The Rapants’ do galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este gran festival de música, que acollerá o Xardín do Pazo de Congresos de Lugo e consolidado xa no calendario galego, vivirá dúas grandes xornadas de concertos os días 19 e 20 de setembro.

A selección de cartel parte da empresa organizadora, Bring The Noise, e destaca pola mestura de bandas e artistas consolidados e de prestixio nacional con outras propostas máis novidosas e emerxentes. Este ano chegan como cabeza de cartel o grupo catalán ‘Love of Lesbian’ –xa estiveron no 2021– e o asturiano ‘Melendi’. Xunto a eles, salientar a presenza, entre outros, dos veteráns ‘Duncan Dhu’, un clásicazo do pop nacional, e a banda galega ‘The Rapants’, moi activos no panorama festivaleiro estes últimos tempos.

Como talentos emerxentes podemos citar, entre outros, a presenza de ‘Vega Yarea’, coñecida pola fusión de pop, blues e música electrónica, o galego ‘Kike Varela’ ou ‘Elyela’, un dúo de música electrónica que completa o seu espectáculo con efectos visuais.

Aínda que predominan as propostas de música indie e pop, o festival acolle outros xéneros e fusións sonoras innovadoras e actuais. O festival está organizado por Bring The Noise e conta co apoio económico do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia ademais de diferentes patrocinios con empresas privadas.

A axenda ao minuto destes días pódese seguir dende as redes sociais do festival e a continuación o programa completo con horarios para venres 19 e sábado 20 de setembro:

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...