InicioMedioambiente e PatrimonioA autorización para Altri pendente de "concretar todos os estudos" di Medio...

A autorización para Altri pendente de “concretar todos os estudos” di Medio Ambiente

Ángeles Vázquez puxo en valor a iniciativa de Ence para As Pontes que, tras "completar todos os estudos" conta agora coa Autorización Ambiental Integrada "favorable".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asegurou que a Administración autonómica ten que “concretar todos os estudos” para “pechar os informes” cos que poder resolver a Autorización Ambiental Integrada (AAI) do proxecto que a multinacional lusa Altri quere instalar en Palas de Rei.

A preguntas dos medios este martes tras coñecerse a AAI favorable para o proxecto de Ence nas Pontes –que recibiu a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable dous meses máis tarde que Altri–, a conselleira sinalou que “segue os mesmos pasos”, pero “coa diferenza de que hai que concretar todos os estudos”, que “ata que non estean pechados” a dirección xeral “non pode emitir os informes correspondentes” que, lembrou, “poden ser favorables ou desfavorables en función ou non dos cumprimentos”.

Así, Ángeles Vázquez puxo en valor a iniciativa de Ence para As Pontes que, tras “completar todos os estudos” conta agora coa Autorización Ambiental Integrada “favorable”.

Co cal, explicou a responsable autonómica, a Consellería de Medio Ambiente pecha “ese capítulo”, xa que, tal e como apuntou, agora corresponde á Consellería de Industria ou ao Concello dar “a licencia pertinente”. “Vía libre porque cumpre estritamente coa lexislación vixente”, reivindicou.

Nesta liña, sinalou que é “unha boa noticia a implantación” de empresas en Galicia que “cumpran coa lexislación”. Neste caso, sinalou que o proxecto de Ence ofertará “uns 250 postos de traballo” nas Pontes, “unha zona fortemente castigada pola transición enerxética”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...