InicioSociedadeCondenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A muller deberá cumprir ano e medio de prisión e pagar unha multa de 248 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a unha nova, nacida en 1993 e veciña de Lugo, por un trapicheo de dous gramos de cocaína. Segundo os feitos probados no fallo, a muller entregou a un home unha bolsita con 2,55 gramos de cocaína, cun valor no mercado próximo a 500 euros, polo que recibiu diñeiro a cambio.

A transacción produciuse entre a rúa Río Sil a Avenida Infanta Elena de Lugo na tarde do 12 de novembro de 2024. De tal forma, a Audiencia Provincial condena á muller por un delito contra a saúde publica na modalidade de sustancias que causan grave dano á saúde, de menor entidade. Ademais, imponlle o pago dunha multa de 248 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...