InicioSociedadeA Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través...

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Fiscalía solicita tres anos de cárcere por facilitar a súa conta a hackers que realizaron un fraude mediante phishing.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a que a Fiscalía solicita tres anos de cárcere por supostamente estafar diñeiro a través de SMS, coa axuda de ‘hackers’, en Vilalba.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, a procesada facilitaría a súa conta bancaria a terceiras persoas non identificadas con coñecementos avanzados en técnicas de fraude informática, quen a utilizaron como medio para recibir fondos obtidos fraudulentamente mediante técnicas de ‘phishing, un tipo de ciberataque.

En concreto, unha das vítimas foi inducida a facilitar as súas claves bancarias tras recibir un SMS fraudulento suplantando á entidade Abanca, o que permitiu a extracción de 600 euros mediante un servizo de envío de diñeiro instantáneo (Hal Cash).

Por todo iso, a Fiscalía pide unha pena de tres anos de cárcere e unha multa de 1.800 euros con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento, así como a correspondente indemnización a favor da vítima por importe de 600 euros, cos intereses legais pertinentes.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...