InicioSociedade“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”,...

“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”, Daniel Veiga, ‘Plenario’

Coñecemos a este empresario e retranqueiro axitador de redes sociais natural da Pontenova, artífice da popularidade actual da Discoteca Hermo de Muimenta e impulsor doutros negocios relacionados co lecer nocturno na provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Daniel Veiga cóntanos que é da aldea de Vilaouruz, na Pontenova, aínda que é popularmente coñecido como ‘Plenario’, nome do seu avó e alcume da casa.

Falando con el descubrimos que é un galego botado para adiante, que lle gusta moito organizar eventos e tratar coa xente, que ten á familia e ao seu avó nun altar e que unha das frases coas que máis se identifica é “prefiro arrepentirme do que fago que do que non fago”.

Tamén sabemos, aínda que o podiamos imaxinar por como se comunica nas redes sociais, que a retranca e o humor gobernan a súa vida dándolle sempre protagonismo ao galego. De feito, algunhas das súas frases feitas xa se fixeron populares como “Pícame o lombo” ou “Vai ser unha risa coa cocha…”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...