InicioLugo e contornaLugoA Festa da Carballeira deixa cinco toneladas de lixo en Lugo

A Festa da Carballeira deixa cinco toneladas de lixo en Lugo

Un equipo de limpeza iniciou os traballos ás 7.00 horas da mañá deste xoves e logrou restablecer a normalidade no espazo de catro horas, finalizando ás 11.00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 5.020 quilos de residuos recolléronse durante a xornada deste xoves despois da festa da Carballeira, no barrio de Fingoi, unha das celebracións máis emblemáticas do colectivo universitario e que se celebrou durante a pasada madrugada.

Un equipo de limpeza iniciou os traballos ás 7.00 horas da mañá deste xoves e logrou restablecer a normalidade no espazo de catro horas, finalizando ás 11.00 horas. A recollida de lixo levou a cabo separando os envases lixeiros e o vidro. Segundo os datos municipais, o volume de lixo mantense estable con relación ao ano pasado, que sumaron 5.040 quilos.

Así, o equipo de limpeza necesario para devolver A Carballeira ao seu estado natural contou con máis dunha vintena de profesionais, unha decena de vehículos e maquinaria especializada, entre os que se incluíron dúas cisternas de baldeo mixto, dúas varredoras (eléctrica e de GNC), unha hidrolimpadora de alta presión, dous camións satélite, tres triciclos eléctricos, dous vehículos Goupil e un furgón eléctrico con equipo de vapor para a limpeza e desinfección de zonas sensibles. Ademais, participaron oito peóns adicionais e tres capataces que supervisaron as tarefas desde primeira hora.

Para facilitar a recollida e en previsión dunha situación que se repite todos os anos, o Concello retirou todas as papeleiras da zona e instalou colectores de 800 litros para facilitar a separación dos residuos. Tamén se realizou unha limpeza previa do campo e a súa contorna para preparar o espazo antes da celebración.

“Somos conscientes de que esta celebración forma parte do calendario estudantil lucense, pero tamén temos que insistir na responsabilidade compartida. A convivencia entre lecer e respecto é posible se todas as partes colaboramos”, apuntou o alcalde e responsable da área, Miguel Fernández.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...