InicioSociedadeO Museo dedicado a Forges na Fonsagrada recibirá 40.000 € da Deputación

O Museo dedicado a Forges na Fonsagrada recibirá 40.000 € da Deputación

A sinatura do acordo de colaboración entre o organismo provincial e o Concello da Fonsagrada tivo lugar este venres no Pazo de San Marcos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, veñen de asinar un convenio de colaboración económica para impulsar o museo dedicado ao gran humorista gráfico Forges que terá este concello da montaña lucense. Mediante este acordo, a institución provincial achegará preto de 40.000 € que se destinarán á museografía, o equipamento e as obras complementarias do edificio para que este sexa funcional.

Tomé Roca valorou este acordo coa Fonsagrada como “moi positivo para a comarca porque servirá para dinamizar a Montaña económica, social e culturalmente en torno a este artista gráfico tan vencellado á localidade lucense”.

Concretamente, a Deputación destinará 18.367,80 € ao equipamento deste espazo. Un investimento que servirá para revisar e adaptar a instalación eléctrica e as telecomunicacións; para o subministro e a colocación de vinilo informativo e o rótulo da fachada exterior; o subministro e montaxe das vitrinas, asentos e outros mobles necesarios; e para a subministración e instalación dunha pantalla. Outros 16.819 € estarán destinados á museografía: á realización do proxecto museolóxico, á creación dunha identidade gráfica, a labores de comunicación para a difusión do centro cultural e á elaboración de recursos didácticos.

Ademais, dentro deste convenio inclúense outros 1.425€ para as obras complementarias de diferentes elementos da fachada, como a colocación dunha canaleta de paso de cableado, actuacións destinadas a mellorar a impermeabilización da cuberta e ao mantemento e posta en marcha do reloxo da fachada principal. 

FORGES, MADRILEÑO PERO CON RAÍCES NA FONSAGRADA

Antonio Fraguas ‘Forges’, naceu en Madrid pero tiña raíces na Fonsagrada, de onde era o seu pai, o escritor e xornalista Antonio Fraguas Saavedra.

Durante anos colaborou co concello elaborando o cartel oficial da ‘Feira do Butelo’, deseño realizado sempre de maneira altruísta, e no 2016 recibiu o ‘Butelo de Ouro’ en recoñecemento ao seu labor e traxectoria honrando á Fonsagrada. No 2018 finaba, deixando un gran pesar na vila.


ÚLTIMAS

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...