InicioSociedadeAta o dez de xaneiro para rexistrar candidaturas ao XXV Premio Aresa

Ata o dez de xaneiro para rexistrar candidaturas ao XXV Premio Aresa

Esta convocatoria premia iniciativas que axuden a mellorar o rural gallego, o I+D+i no eido agrícola ou gandeiro e que traballen pola sostibilidade dos recursos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Organización da vixésimo quinta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, porá fin ao prazo para presentar as candidaturas o vindeiro 10 de xaneiro.

As bases están dispoñibles na web Aresa Agrícola e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais, tanto físico como electrónico, dos campus universitarios de Lugo ou de Santiago de Compostela.

O galardón para o proxecto gañador está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.

O reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, ou a persoa na que delegue; o CEO de Torre de Núñez, José Manuel Núñez Torre, e o exreitor e catedrático de Electrónica e Computación, Senén Barro Ameneiro, serán os responsables de revisar todas as candidaturas presentadas e darán a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar.

Os premiados máis recentes foron: Cooperativa A Carqueixa (2020), EFA Fonteboa (2021), Casa Grande de Xanceda (2022) e a Moexmu (2023).

+ posts

ÚLTIMAS

Agresión a tres funcionarios na prisión de Monterroso, un deles tivo que ir ao PAC

Un preso do centro penal de Monterroso agrediu a tres funcionarios da prisión, en...

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....