InicioSociedadeA montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

A montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

Os seguintes valores mínimos notificounos a montaña de Lugo: Alto do Poio, no municipio de Pedrafita do Cebreiro, -2,2 graos ás 2.40 horas; e a dos Ancares, en Cervantes, -2,1 ás 2.30.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comarcas do leste galego, nas provincias de Ourense e Lugo, anotaron nas últimas horas temperaturas inferiores aos 2 graos negativos. Mentres, municipios da montaña lucense rexistraron os primeiros copos de neve que deixaron algunhas incidecias puntuais e de escasa entidade.

Segundo os valores recolleitos por Meteogalicia, as temperaturas máis baixas notificáronas estacións de zonas altas de Ourense. A de Xares, no concello da Veiga, rexistrou -4,5 graos ás 4.20 da mañá; a de Manzaneda, -4 graos ás 3.30 horas; e Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, -3,4 graos ás 4.30.

Os seguintes valores mínimos notificounos a montaña de Lugo: Alto do Poio, no municipio de Pedrafita do Cebreiro, -2,2 graos ás 2.40 horas; e a dos Ancares, en Cervantes, -2,1 ás 2.30.

Neste contexto, caeron os primeiros copos de neve en puntos máis ao leste de Lugo, que entre a noite do domingo e ao longo de toda a xornada deste luns estará en aviso amarelo por acumulacións de máis de 5 centímetros.

Os primeiros copos xa deixaron incidencias puntuais, segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press. Por exemplo, houbo chamadas desde Samos e Pedrafita do Cebreiro para informar de dificultades para avanzar en estradas secundarias e pasouse o aviso aos correspondentes servizos de mantemento das vías.

Con todo, as maiores precipitacións rexistráronas, no que vai de día, os concellos lucenses da Pontenova (17,2 litros por metro cadrado acumulados), Lourenzá (16,8 l/m2), Riotorto (16,3 l/m2), Pol (13,3 l/m2) e Os Ancares (13,2 l/m2).

Tamén houbo fortes ventos de madrugada ou á primeira hora da mañá deste luns en zonas altas. Os refachos máis potentes rexistrounas Cabeza de Manzaneda (Ourense), con 145,7 quilómetros por hora ás 4.40 horas, mentres que Xares, na Veiga (Ourense), notificou 112,5 km/h ás 7.30 horas.

Ao longo do día, estará activo un aviso amarelo por vento costeiro en toda a provincia da Coruña e por forte ondada tanto nesta última zona como na comarca lucense da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...