InicioSociedadeVolve este luns 'Lugo Termal': descontos en balnearios lucenses para maiores de...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

O programa ofrece descontos de entre o 10 e o 20 % nos catro balnearios da provincia, en Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa ‘Lugo Termal’, que ofrece descontos de entre 10 e o 20 % nos catro balnearios da provincia, en Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz. Trátase dunha iniciativa dirixida a persoas que teñan 50 anos ou máis, aínda que poderán acudir aos balnearios cun acompañante que tamén terá a oportunidade de gozar destes descontos sen ter a idade mencionada.

En concreto, os requisitos que deben cumprir os solicitantes son, estar empadroados en calquera concello da provincia lucense, valerse “por si mesmos” para as actividades diarias, isto exclúe aos fillos que acudan en calidade de acompañantes, non padecer alteracións no comportamento ou ter algunha contraindicación médica para recibir os tratamentos termais.

Así, as persoas interesadas poderán rexistrar as súas solicitudes desde as 09.00 horas deste luns co formulario que atoparán no Boletín Oficial da Provincia. O formulario poderá presentarse cunha fotocopia do DNI en calquera rexistro oficial ou a través da sede electrónica da institución provincial. Segundo lembrou a Deputación nunha nota de prensa, a través desta iniciativa a institución favorece o benestar social e o turismo termal á que destina 121.605 euros nesta nova edición, “un 30 % máis que na anterior convocatoria”.

MODALIDADES DE ‘LUGO TERMAL’

Así mesmo, ‘Lugo Termal’ ofrece dúas modalidades, unha con estancia e outra sen estancia, “adaptándose así ás necesidades e preferencias de todos os usuarios”. Concretamente, o programa contará con 1.100 prazas con estancia, 40 no Balneario Termas de Lugo, 60 no Balneario Río Pambre, 500 no Balneario de Guitiriz e 500 no Hotel Balneario Augas Santas.

Mentres que as prazas sen estancia son 650, 200 delas no Balneario lucense das Termas, 150 no de Río Pambre, 150 no de Guitiriz e 150 no Hotel Balneario Augas Santas. A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión e o prezo é de 275 euros, aínda que a Deputación sufraga 110,55 euros. Por outra banda, a modalidade sen estancia contempla dez días e o prezo a pagar polos usuarios é de 150 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...