InicioSociedadeO Goberno ratifica que "nas próximas semanas" abrirá o tramo Melide-Palas de...

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

Faltaría agora por terminar o tramo que une Arzúa con Melide para ver completa esta infraestrutura e que, segundo comprometeuse o ministro de Transportes, Óscar Puente, estaría concluída a finais do próximo ano 2025.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da autovía A-54, que une Santiago e Lugo. “Este goberno cumpre cos lucenses”, reivindicou o representante do Executivo, que sinalou que a finalización da autovía suporá “un antes e un despois na comunicación da Galicia interior” e permitirá “reducir á metade o tempo de desprazamento actual entre Lugo e a capital de Galicia”.

Faltaría agora por terminar o tramo que une Arzúa con Melide para ver completa esta infraestrutura e que, segundo comprometeuse o ministro de Transportes, Óscar Puente, estaría concluída a finais do próximo ano 2025. Precisamente, Pedro Blanco quixo pór en valor o “compromiso” do ministro Óscar Puente, que “desde o primeiro día está a traballar para dar resposta a demandas históricas de Lugo e de Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...