InicioSociedadeDakidarría presentará o documental "Seguimos en pé"

Dakidarría presentará o documental “Seguimos en pé”

No marco do festival Pista Extra, o día 29 de novembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Pista Extra”, a nova proposta do festival lucense A Candeoria amplía a súa programación para a noite do 29 de novembro. O música seguirá sendo protagonista, pero esa noite a través do audiovisual. O grupo galego Dakidarría -que tocou no último A Candeloria- estrea en Lugo o documental “Seguimos en pé” con imaxes e lembranzas exclusivas arredor da celebración do XX aniversario do grupo, que festexaron durante o 2023. Unha oportunidade única para repasar a carreira dunha das maiores bandas de Galicia e ver dende a súa ollada tanto o momento vital do grupo como da escena musical galega. A proxección contará coa presencia de membros da banda e será ás 21:00 horas no C. S. Madia leva, con entrada de balde.  

O 30 de novembro “Pista Extra” presentará unha proposta formada por grupos de rock, ska, rap ou punk que segue a estela de A Candeloria, entre os que destacan El Drogas ou  Non Servium, a banda de Móstoles xa pisou Lugo en 2018 e volven agora a presentar o tour Criatura. Ademáis, “Pista Extra” será palco de despedidas, nesta ocasión a banda Def Con Dos elixe Galicia para dar o seu último concerto da xira “Mutantes pal Pueblo”, na que repasan as cancións máis emblemáticas dos máis de 30 anos de traxectoria da banda. A nivel internacional chegará á cidade Banda Bassotti, grupo italiano de ska punk, unha das grandes bandas do xénero no seu país. Completan o cartaz os galegos Familia Caamagno; o dúo valenciano Machete en Boca; a banda Ruxe Ruxe; a “brass band” feminina Brassica Rapa e o Dj Jordi Pánico.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo candidato á alcaldía de Lugo en 2027

O actual portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, será o candidato...

O PSdeG presenta un pacto galego antitransfuguismo no pleno da Deputación

Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se celebrará...

A denunciante de José Tomé ratifícase ante a xuíza e o seu avogado apunta á existencia de máis “posibles vítimas”

A muller que denunciou o alcalde de Monforte e expresidente da Deputación de Lugo,...

Acordo entre Concello de Lugo e sindicatos na Mesa Xeral de Negociación

A alcaldesa de Lugo presidiu esta mañá no Salón de Plenos a Mesa Xeral...