InicioSociedadeO Concello de Monterroso busca favorecer a inserción laboral dos migrantes alí...

O Concello de Monterroso busca favorecer a inserción laboral dos migrantes alí destinados

Fixo un chamamento a empresas e autónomos da localidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello lucense de Monterroso fixo un chamamento a empresas e autónomos da localidade para favorecer a inserción laboral dos migrantes que viven o municipio desde o mes de agosto.

Nun comunicado emitido polo Goberno municipal, piden que empresas e autónomos, tanto de Monterroso como de concellos próximos, que busquen persoal para traballar fagan chegar información sobre a man de obra que necesitan e a formación necesaria praa desenvolver os traballos. Con esta medida, buscan dispor dunha base de dato “para pór en contacto ás empresas e autónomos cos demandantes de emprego”.

En concreto, explican, trátase de poder identificar os perfís dos migrantes que achega a ONG Rescate, á que lle solicitaron esta información “ante a innación do Goberno do Estado en relación coa empregabilidade destas persoas”.

A finalidade, tal e como explica o alcalde, Eloy Pérez, é que unha vez obteñan os permisos de residencias e traballo “póidase contribuír á súa integración real”.

As empresas ou autónomos interesados en formar parte desta base de datos poden porse en contacto co Concello de Monterroso. Para formar parte da base de datos deben proporcionar a información sobre a man de obra, coa formación e demais requisitos do posto de traballo que desexan cubrir.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...