InicioSociedadePiden nove anos de cárcere para tres gandeiros que obrigaban aos seus...

Piden nove anos de cárcere para tres gandeiros que obrigaban aos seus empregados a traballar 13 horas ao día

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia de Lugo xulgará este martes a tres gandeiros de Guntín que obrigaban a dous empregados a traballar 13 horas ao día, sen contrato, sen descanso semanal nin vacacións e sen alta na Seguridade Social.

Segundo o escrito de Fiscalía, un dos traballadores comezou na explotación o día 12 de outubro de 2018, de forma irregular. Polos labores percibía un soldo de 700 euros mensuais, dos que lle descontaban 50 euros polo aloxamento que lle ofrecían nun anexo da explotación. O outro empregado, en idénticas condicións laborais, comezou a traballar o 1 de marzo de 2020 e compartía aloxamento co seu outro compañeiro.

O Ministerio Público sinala que ambos os traballadores asumiron ese calendario laboral contrario á normativa debido á súa situación, xa que eran migrantes, en situación irregular, desconocedores do idioma e sen recursos económicos. Ambos os traballadores prestaron servizo en ata agosto de 2020 cando se marcharon a unha casa de acollida.

Por iso, aos tres gandeiros impútaselles un delito contra os dereitos dos traballadores polo que Fiscalía solicita a pena de tres anos de prisión para cada un deles. Os acusados tamén deberán de indemnizar de maneira conxunta a un dos empregados con 13.240 euros polos salarios e pagas extras impagadas e 6.000 euros adicionais por danos morais. Para o outro traballador, Fiscalía pide unhas indemnizacións de 2.042 euros polos conceptos salariais e 1.300 euros polo prexuízo moral sufrido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...