InicioSociedadeAltri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e...

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

No acto celebrado este sábado, os veciños expresaron a súa preocupación polo posible "impacto ambiental de enormes proporcións" e a perda de poboación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o seu rexeitamento ao proxecto de fibras téxtiles que Altri quere instalar en Palas de Rei e alertaron dunha posible “perda de poboación” polo impacto da factoría.

No acto, celebrado este sábado, leron un manifesto no que criticaron a “ameaza que cambiaría radicalmente” a esa parte da Ulloa e rexeitaron os modelos industriais “baseados no espolio e acaparamiento de fondos públicos”.

De producirse a instalación de Altri, continuaron, causaría un impacto ambiental de enormes proporcións”, todo iso polo “inxente consumo de auga” nun contexto de “diminución dos recursos hídricos” debido ao cambio climático.

Os veciños de Pas mostráronse preocupados polos efectos “altamente negativos” deste proxecto no tecido socieconómico do concello e advertiron de que ese efecto provocaría unha “perda de poboación nas parroquias”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...