InicioEconomíaUUAA suspende a mobilización deste venres en Lugo despois de que Medio...

UUAA suspende a mobilización deste venres en Lugo despois de que Medio Rural convocase unha reunión

Con todo, advertiu de que "non dubidará" en volver á protesta no caso de que a oferta da Consellería "non cubra" as necesidades dos viticultores

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unións Agrarias (UUAA) suspendeu a mobilización deste venres en Lugo, diante da delegación da Xunta, despois de que a Consellería do Medio Rural convocase aos viticultores da Ribeira Sacra a unha reunión.

Nun comunicado, UUAA valorou que a Consellería “empece a dar pasos” e confirmou que asistirán á reunión. Con todo, advertiu de que “non dubidará” en volver á protesta no caso de que a oferta da Consellería “non cubra” as necesidades dos viticultores.

“Os produtores necesitan que se garanta a vendima polo que reclama que ademais de mellorar as axudas, débese de actuar coas adegas para facilitarlles a liberación de stocks, do mesmo xeito que fixeron durante a pandemia”, detallou UUAA no comunicado.

Pola súa banda, fontes de Medio Rural consultadas por Europa Press ratificaron a convocatoria e detallaron que será unha reunión de traballo, desde o punto de vista técnico.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...