InicioSociedadeO edificio da Subdelegación do Goberno actuará como punto violeta de atención...

O edificio da Subdelegación do Goberno actuará como punto violeta de atención ás violencias machistas

A iniciativa arrincou coa posta en marcha destes puntos nas oficinas do SEPE na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que as unidades de Información, Rexistro e Estranxeiría pasarán a ser puntos violeta, ampliando a rede de espazos públicos de asesoramento, atención e protección a posibles vítimas de violencia de xénero.

Esta iniciativa, explicou a Subdelegación nun comunicado, arrincou coa posta en marcha destes puntos nas oficinas do SEPE na provincia e agora nos edificios da Subdelegación do Goberno en Lugo.

O obxectivo é ampliar a rede de protección e seguridade desde as administracións públicas para as mulleres que o necesiten. Para iso, o persoal recibiu unha formación para a mellor prestación deste servizo.

Isabel Rodríguez destacou que a inauguración destes espazos responde a un proceso de mellora progresiva incorporando aos entes públicos, lugares de fácil acceso para a cidadanía. Ademais, servirá para facilitar información e materiais sobre como actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas e organismos públicos.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...