InicioSucesosDenunciadas once persoas por organizar unha festa nun merendeiro en Lugo xunto...

Denunciadas once persoas por organizar unha festa nun merendeiro en Lugo xunto ao Miño

Os feitos producíronse na noite do pasado 17 de agosto e tívose constancia tras recibir varias chamadas con queixas sobre o ruído procedente da zona

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local formulou denuncia por organizar unha acampada sen autorización no merendero do río Miño en Lugo no marco dunha festa na que había un grupo de once persoas.

Segundo informa, a maioría dos asistentes, aparentemente, atopábanse afectados pola inxesta de bebidas alcohólicas ou algunha outra sustancia.

Os feitos producíronse na noite do pasado 17 de agosto e tívose constancia tras recibir varias chamadas con queixas sobre o ruído procedente da zona.

Á súa chegada, atoparon unha mesa de mesturas, varios altofalantes, un equipo de luces, un xerador de combustión e unha tenda de campaña, instalada no medio do camiño e cortando o paso, ademais doutros elementos como unha batería de automóbil e unha bombona de butano, así como unha grella.

Tras valorar as molestias que causaban, o risco de incendio e o corte do acceso, así como a falta de autorización, os axentes ordenaron o cesamento inmediato da mesma. Tamén se abriu actua-denuncia por posibles infraccións en relación aos feitos e o lugar escollido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...