InicioLugo e contornaLugoDenuncian actos vandálicos no canil de Frigsa que foi reformado o pasado...

Denuncian actos vandálicos no canil de Frigsa que foi reformado o pasado mes de xullo

O goberno local de Lugo asegurou que "xa está a traballar" para solucionar estes danos no "menor tiepmo posible" para que o canil estea operativo "canto antes"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo lamentou “profundamente” os actos vandálicos realizados no canil de Frigsa, un recinto que se inaugurou o pasado 8 de xullo e cuxa renovación contou cun investimento próximo aos 96.000 euros.

Segundo explicou o concello lucense nunha nota de prensa, os danos “máis graves” realizáronse no sistema de rega, afectando así “aos difusores e ás electroválvulas”, o que deteriorou especialmente no céspede en plena épca estival.

Así mesmo, rexistráronse danos na mesa de peiteado e lavado dos cans, que forma parte dos servizos dispoñibles do canil. Deste xeito, o goberno local asegurou que “xa está a traballar” para solucionar estes danos no “menor tiepmo posible” para que o canil estea operativo “canto antes”.

“É unha pena ver como se está deteriorando unha instalación na que o goberno local investiu esforzo e recursos, atentiendo ás demandas dos veciños”, indicou o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández. Nesta liña, o Concello de Lugo fixo un chamamento ao “civismo” e solicitou a colaboración cidadá para coidar destas instalacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...