InicioEconomíaTres novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas

Tres novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas

Desta forma, o número de explotacións e animais afectados confirmados en laboratorios é de 133 e 225 respectivamente

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección dos primeiros focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) na provincia de Lugo.

Segundo informou a Xunta, estes tres focos están localizados nas comarcas veterinarias dos Ancares, Sarria e Terra de Lemos-Quiroga.

Coa declaración destes novos casos, Galicia ten notificados focos en dez comarcas veterinarias, sete na provincia de Ourense e os restantes na provincia de Lugo, neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor.

Desta forma, o número de explotacións e animais afectados confirmados en laboratorios é de 133 e 225 respectivamente.

Ao tratarse dos primeiros focos notificados en 2024 na provincia de Lugo, o primeiro deles, na comarca veterinaria dos Ancares, foi confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete e o resto polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, este último dependente da Consellería do Medio Rural.

A EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente mediante a picadura de mosquitos do xénero Culicoides.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...