InicioSociedadeGalicia, vixiante co sarampión: detéctanse en Lugo os dous primeiros casos dende...

Galicia, vixiante co sarampión: detéctanse en Lugo os dous primeiros casos dende 2020

Sanidade chama ao calma pero iniciará unha campaña de envío de SMS ás familias con nenos que non completasen a vacinación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Consellería de Sanidade reforzou a vixilancia contra o sarampión despois de detectar que repuntes noutros países, onde a vacinación está menos xeneralizada, están a chegar a outras partes do Estado. En Galicia, non se detectaban casos desde 2020 e este ano localizáronse dous, concretamente na área de Lugo: un importado e un segundo que se contaxiou do primeiro.

A xefa do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles de Sanidade, Susana Mirás, fai un chamamento á calma pero si pon o foco en que o sarampión é unha “enfermidade a eliminar” e, por iso, reforzáronse as medidas de prevención fronte a ela. Por isto mesmo, a Dirección Xeral de Saúde Pública decidiu enviar ao longo do verán SMS ás familias de nenos que teñen doses pendentes da vacina. E é que se detectou que, despois de anos nos que a cobertura se aproximou ao 95% que marca a Organización Mundial da Saúde, baixou entre os menores nados en 2019 ao 92,9% e entre os do 2020 ao 89,9%.

AUMENTO XENERALIZADO

Isto ocorre nun contexto de aumento xeneralizado de casos “a nivel mundial e europeo”, sobre todo en países con índices máis baixos de vacinación, tal e como explica a Europa Press Susana Mirás. Así, Sanidade detectou este 2024 só dous casos, pero son os primeiros en catro anos. “Pero non hai unha situación de alarma”, engade.

Noutras comunidades autónomas hai “algún caso máis” debido á chegada de cidadáns estranxeiros para traballar como temporeros, asegura a xefa do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Candia pide información sobre as necesidades “reais” de cada departamento municipal

A alcaldesa de Lugo, xunto cos concelleiros Cristina Sanz e Ramón Cabarcos, mantiveron esta...