InicioSociedadeUn veciño de Melide sería o autor de varios incendios nunha mesma...

Un veciño de Melide sería o autor de varios incendios nunha mesma zona da Serra do Careón

Os axentes do Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais (EMIIF) iniciaron as pescudas tras a reiteración de incendios nesa zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil investiga a un veciño de Melide, de 33 anos de idade, como suposto autor dun delito continuado de incendio forestal, por incendios rexistrados en agosto do ano pasado na zona de Serra do Careón en Palas de Rei. Os axentes do Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais (EMIIF) iniciaron as pescudas tras a reiteración de incendios nesa zona.

Para iso valéronse do uso de novas tecnoloxías aplicadas á investigación das causas de incendios forestais e, tras case un ano de traballo, puideron comprobar que eses lumes se iniciaban pola aplicación dunha fonte calorífica nunhas áreas previamente delimitadas pola persoa investigada. A investigación foi dirixida e coordinada polo xulgado de instrución 1 de Chantada.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...