InicioSociedadeAdxudicada as obras de acondicionamento e mellora da LU-710 que conecta a...

Adxudicada as obras de acondicionamento e mellora da LU-710 que conecta a N-V coa A-6, en Baralla

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 2.302.355 euros a execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710, desde a intersección coa N-V e ata a ligazón coa A-6, no concello de Baralla. A intervención, adxudicada á empresa Grupo Bascuas 2008, S.L., ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria no entrono, mediante o ensanche e mellora desta vía autonómica no tramo que conecta a N-V e a A-6, nunha lonxitude de preto de 4,5 quilómetros.

Mediante estas obras, a LU-710 contará cunha plataforma ampliada a sete metros de sección, sen incluír as cunetas, cun carril por sentido de tres metros cada un e beiravías de 0,5 metros. O contrato asinarano nos próximos días co obxectivo de poder iniciar as obras no verán. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...