InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación de Lugo conmemorará o Día do Medio Ambiente con talleres...

A Deputación de Lugo conmemorará o Día do Medio Ambiente con talleres para nenos, unha exposición e unha conferencia

O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, pór en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación. Son totalmente gratuítas e de asistencia libre.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo conmemora a próxima semana o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, cunha serie de actividades educativas e gratuítas deseñadas para nenos e adultos. O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, pór en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación, apunta a institución provincial.

Por unha banda, os talleres de educación ambiental levaranse a cabo os días 3, 4 e 6 de xuño, de 17.00 a 20.00 horas, na praza de San Marcos. As actividades están dirixidas a nenos a partir de 6 anos, e son totalmente gratuítas e de asistencia libre, sen necesidade de inscrición previa. Neles, os nenos elaborarán bombas de sementes e macetas de barro ou hoteis para insectos. No Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 4 de xuño, desenvolverase un taller para facer música coa reciclaxe.

O día 5 de xuño, ás 12.00 horas, a institución provincial inaugurará nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos a exposición ‘Desde a Reciclaxe á Creatividade Musical’, e, pola tarde, ás 18.45 horas, os usuarios dos hortos urbanos do Río Rato recibirán no Salón de Actos os diplomas acreditativos das actividades formativas nas que particparon.

Ás 20.00 horas terá lugar a conferencia ‘Infestas de Emerxencia’, que impartirá Manuel Andrade e abordará as ameazas da praga de mosquitos. Ademais, ese mesmo día, a Deputación súmase a apagada ambiental que convoca o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro do programa People & Planet, co obxectivo de concienciar sobre o cambio climático e o consumo enerxético.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...