InicioSociedadeXXI Xornadas Técnicas de Seragro: 14 e 15 de novembro

XXI Xornadas Técnicas de Seragro: 14 e 15 de novembro

Desenvolveranse, como é habitual, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité organizador das XXI Xornadas Técnicas de Seragro está xa a traballar na elaboración dunha proposta formativa esencialmente encamiñada aos gandeiros, pero  tamén a todo o persoal técnico e comercial vencellado ao sector produtor de leite galego.

As xonadas deste ano celebraranse os días 14 e 15 de novembro.

ADIANTO DE CONTIDOS

Malia que o programa aínda non está pechado, xa se coñecen varias das temáticas que se tratarán na reunión. Entre elas, atópase o dimensionamento das explotacións ante os retos sucesivos que se lle plantexan ao sector. Nesta situación, cabe abrir un debate en torno os equipamentos de muxido a escoller en función dos tamaños e do número de muxidos. Outra das claves neste sentido é a xestión de persoal, xa que o factor humano pode marcar as diferencias entre explotacións e condicionar os seus resultados produtivos.

Tamén é un aspecto esencial, polas implicacións tanto económicas como a nivel produtivo, a planificación de cultivos; non só no que ás calidades a conseguir se refire, senón tamén ás cantidades necesarias en función dos censos da explotación. 

Haberá tamén espazo para falar de xenómica, así como de calidade do leite e da información que se pode extraer a día de hoxe a través dos sistemas de muxido, a cal axuda á toma das decisións máis axeitadas para cada granxa.  

Así mesmo, e tendo en conta que a análise de datos, a intelixencia artificial e as predicións en base a algoritmos están e estarán cada vez máis presentes nas explotacións, nestas xornadas tratarase de aportar novidades ó respecto.

SOBRE SERAGRO

Seragro SCG é unha empresa que presta servizos técnicos de alimentación, calidade do leite, certificación, recría, reprodución, podoloxía e xestión técnico-económica, a explotacións de vacún, principalmente de leite, repartidas por toda a xeografía galega, pero con gran presencia e recoñecemento na provincia de Lugo, unha das máis importantes tanto por número de explotacións e base territorial, como por número de cabezas.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación cunha xornada de presentación

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación iniciou este mércores o curso 2026-2027 cunha...

A Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo

A Xunta sacou este mércores a licitación por 4,3 millóns de euros as obras...