InicioSociedadeA Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña reúne a máis de...

A Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña reúne a máis de 200 animais en Cervantes

Segundo informou a Deputación de Lugo, que achegou 6.000 euros e levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros. O máis elevado ascendeu a 2.850 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

4ª Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, que se celebra no municipio lucense de Cervantes, superou os 200 animais do ano pasado entre gando vacún, equino, ovino e caprino procedente de ganderías da Fonsagrada, Castroverde, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes ou Asturias.

Segundo informou a Deputación de Lugo, que achegou 6.000 euros e levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros. O máis elevado ascendeu a 2.850 euros. asociación Territorio Verde, co apoio do Concello, recuperou no ano 2019 esta feira tradicional co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...