InicioSociedadeDenuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Nun comunicado, Comunidade Saharauí en Galiza afirma que o agresor, de nacionalidade marroquí, dirixiuse á menor por detrás para quitarlle a bandeira do Sahara que levaba suxeita na cabeza cunhas gomas. O colectivo engade que o suposto agresor, que "atacou física e verbalmente a varias novas saharuis" ás que "insultou" con comentarios "machistas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha manifestación en solidariedade con Palestina celebrada en Lugo o pasado domingo. Nun comunicado, afirman que o agresor, de nacionalidade marroquí, dirixiuse á menor por detrás para quitarlle a bandeira do Sahara que levaba suxeita na cabeza cunhas gomas.

O colectivo engade que o suposto agresor, que “atacou física e verbalmente a varias novas saharuis” ás que “insultou” con comentarios “machistas”, colgou o vídeo en redes sociais, onde foi “acirrado” polos seus seguidores. “Instamos as autoridades pertinentes a tomar medidas firmes para protexer á comunidade saharauí en Galicia e garantir o noso dereito a manifestarnos pacíficamente sen temor a represalias”, conclúe o colectivo o seu comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...