InicioSociedadeMochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Trátase de 17 maletas con recursos pensados para previr ou paliar crises sensoriais en crianzas con TEA ou necesidades de apoio específicas durante as visitas aos museos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os museos provinciais –Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narla-– contarán con mochilas sensoriais neurodiverxentes.

Trátase de 17 maletas con recursos pensados para previr ou paliar crises sensoriais en crianzas con TEA ou necesidades de apoio específicas durante as visitas aos museos. Inclúen xoguetes sensoriais –-botellas de calma, panos de seda, frascos con especias, rotuladores de olor, pop it-–, auriculares de redución de ruído e outros materiais relacionados cos oficios e o persoal dos museos.

ACCESIBILIDADE E INCLUSIÓN

Na selección dos materiais, a Rede Museística contou co asesoramento da asociación Raiolas Lugo, entidade que participa habitualmente nas actividades didácticas e programas que impulsan os museos provinciais no camiño da accesibilidade e da inclusión.

Durante a presentación das mochilas, a deputada de Cultura Iria Castro puxo en valor “o traballo da Rede Museística que, ademais de incorporar agora este material, desenvolve de forma permanente programas e prácticas encamiñadas a facilitar e normalizar a visita aos museos a todas as persoas”.

A iniciativa forma parte das accións programadas polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, que se conmemora o 2 de abril.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...