InicioAncaresA Deputación abre este luns as inscricións para actividades nas reservas de...

A Deputación abre este luns as inscricións para actividades nas reservas de Terras do Miño e Os Ancares

Levaranse a cabo do 8 de abril ata o 28 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abrirá este luns, 25 de marzo, o prazo de inscrición para participar no novo programa de actividades gratuítas nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, que organiza co obxectivo de fomentar o entretemento saudable e a educación ambiental.

Segundo informou a institución provincial a través de nota de prensa, o calendario do programa inclúe 15 propostas con máis de 420 prazas para todos os públicos que se levarán a cabo do 8 de abril ata o 28 de xuño.

As actividades propostas para a Reserva Terras do Miño levaranse a cabo na súa maioría no Centro de Interpretación Terras do Miño, e comezarán cunha xornada de economía circular e sustentabilidade que se celebrará do 8 ao 12 de abril. Despois haberá un taller de técnicas artesanais de secados e preservación de flores, do día 15 ao 19 do mesmo mes, e unha serie de actividades deportivas na natureza os días 22 e 26 de abril e do 13 ao 16 de maio.

Tamén en maio se celebrarán unhas xornadas nas que os interesados poderán aprender a preparar un horto para a chegada da primavera, os días 6, 7, 8, 9, e 10, e do 20 ao 24 levará a cabo un taller práctico de reutilización e reciclaxe. Ademais, 15 nenos da partir de oito anos poderán participar na xornada ‘Facemos música coa reciclaxe’, que se celebrará do 27 ao 30 de maio e o 3 de xuño.

Así mesmo, con motivo do Día do Medio Ambiente, o 5 de xuño faranse dúas actividades: a inauguración da exposición ‘Desde a reciclaxe á creatividade musical’, dispoñible ata o 12 de xuño, e unha conferencia de Manuel Andrade chamada ‘Pragas Emerxentes’.

Finalmente, o 14 de xuño terá lugar a xornada ‘Ave do ano, o Abetouro: Bernis e a vaca que muxe’, o día 18 e o 22 levará a cabo a xornada ‘Baño de árbores’ e do 24 ao 28 deste mes levará a cabo a actividade para nenos a partir de seis anos ‘Ciencia Activa’.

ACTIVIDADES NOS ANCARES LUCENSES

As actividades na Reserva Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá arrincarán cunha xornada sobre os tipos de peches eléctricos para ovino e caprino os días 11 e 25 de maio en Becerreá, onde tamén se celebrará un campamento científico para nenos do 25 ao 28 de xuño.

O 16 de maio terá lugar en Cervantes a xornada sobre procura e estudo de insectos, e no mesmo lugar, o 9 de xuño realizarase outra actividade sobre plantas medicinais.

Por último, haberá outras dúas actividades no concello de Navia de Suarna, a primeira chamada ‘Tradición e plantas medicinais en Galicia’, o día 28 de abril, e a segunda ‘Roteiro dos Cortíns’, que levará a cabo o 11 de maio para o público familiar.

As persoas interesadas poderán inscribirse chamando aos números de teléfono 982 306 930 e 982 227 812, enviando un correo electrónico a ‘a.ambientais@deputacionlugo.org’ no caso das actividades de Terras do Miño e a ‘ancareslucenses@deputacionlugo.org’ para as actividades que se levan a cabo na Reserva dos Ancares Lucenses, e a través da web da deputación.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...