InicioSociedadeO TSXG confirma a pena de 3 anos de prisión para unha...

O TSXG confirma a pena de 3 anos de prisión para unha muller xulgada en Lugo por estafar 22.000 euros a unha octoxenaria

A acusada convenceu á vítima de que necesitaba a súa axuda para facer uns trámites, e levouna a varias sucursais onde fixo que retirase diversas cantidades de diñeiro, sen que a anciá fose consciente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto por unha muller, que foi condenada a tres anos de prisión pola Audiencia Provincial de Lugo, e ratificou dita condena, como autora dun delito continuado de estafa a unha anciá de 81 anos de idade.

Segundo a sentenza do tribunal provincial, a acusada convenceu á vítima de que necesitaba a súa axuda para facer uns trámites, e levouna a varias sucursais onde fixo que retirase diversas cantidades de diñeiro, sen que a anciá fose consciente. Así, en xullo de 2020, logrou que retirase un total de 7.000 euros dos que se apropiou; en setembro dese ano, a vítima retirou outros 8.000 euros; e en outubro, volveuna a acompañar ao banco para sacar outros 7.000 euros máis.

A acusada, que xa tiña antecedentes por estafa e falsidade en documento público, volveuno a tentar meses despois con outra vítima, unha muller de 75 anos de idade, a quen lle fixo crer que podería cederlle unha licenza (inexistente) para a venda de produtos agrícolas, e acompañouna ao banco para retirar 6.000 euros.

Nese caso, a estafa non chegou a consumarse, porque a vítima se negou a asinar o reintegro e unha empregada da sucursal deuse conta do que estaba a pasar. Por estes feitos, a Audiencia condenou á acusada a 3 anos de cárcere e a indemnizar á primeira muller en 22.000 euros máis intereses. A súa defensa presentou recurso de apelación, pero o alto tribunal galego desestimouno e confirmou a sentenza de instancia.

CONCLUSIÓN “INCONTESTABLE”

O TSXG sinala na súa resolución que non houbo erro na valoración da proba realizada pola Audiencia Provincial de Lugo e que, de feito, “a conclusión á que chega a sentenza é incontestable”. Así mesmo, expón que “o arsenal probatorio é certamente contundente” e existe suficiente proba incriminatoria para a condena da procesada.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...