InicioSucesosPrisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do crime...

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do crime no polígono de Rábade

O home, arrestado na mañá do mércores na localidade de Sarria, foi trasladado este xoves nun coche da Garda Civil ás dependencias xudiciais da capital lucense, ás que chegou ás 12,45 horas e ás que accedeu co rostro descuberto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo, en funcións de garda, decretou este xoves o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza dun home de 55 anos e nacionalidade portuguesa como presunto autor do crime dun home de 40, desaparecido desde Noitevella, cuxo cadáver foi localizado o martes no sumidoiro dunha nave do Polígono Industrial de Rábade.

O home, arrestado na mañá do mércores na localidade de Sarria, foi trasladado este xoves nun coche da Garda Civil ás dependencias xudiciais da capital lucense, ás que chegou ás 12,45 horas e ás que accedeu co rostro descuberto.

O presunto autor do crime, investigado por un delito de homicidio, vivía na mesma nave na que foi achado o corpo sen vida do veciño de Rábade cuxa desaparición fora denunciada días antes polo seu compañeiro de piso e cuxos restos mortais, en avanzado estado de descomposición, foron recuperados na noite do martes dunha arqueta, a uns dous metros de profundidade, por efectivos dos servizos de Emerxencias.

Tras ser detido en Sarria polos axentes da Garda Civil que levaban días tras a súa pista, o presunto homicida foi trasladado a tarde do mércores á nave industrial de Rábade na que sucederon os feitos para participar xunto á Policía Científica nas tarefas de reconstrución do crime.

Aínda que a investigación para esclarecer as circunstancias que rodearon á morte do veciño de Rábade segue o seu curso, as primeiras pescudas apuntan a que ambos os homes xa se coñecían e que unha discusión entre ambos desencadearía o crime.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...