InicioTerra CháVilalbaO FIV de Vilalba 2023 celebrarase os días 26 e 27 de...

O FIV de Vilalba 2023 celebrarase os días 26 e 27 de abril

PUBLICADA O

- Advertisement -

O FIV de Vilalba, festival de música independente, celebrará a súa XVIII edición os días 26 e 27 de abril para a que se porán á venda as entradas a partir das 10,00 horas deste xoves.

As primeiras confirmacións do cartel desvelaranse nas próximas semanas. Con todo, saen este xoves á venda os abonos ‘fivers’ –entradas para os dous días da programación que irán desde 25 euros a 45, segundo se esgoten–.

O festival volve localizarse, como nas súas primeiras edicións, na praza da Constitución de Vilalba. Tal como explica o equipo de comunicación do festival, retomarase un formato “máis íntimo” e con “mellor” accesibilidade para os veciños para así fomentar a relación cos negocios locais.

Na última edición, o FIV de Vilalba alcanzou o seu máximo de asistentes con 6.000 persoas en todo o fin de semana. As prazas hoteleiras da localidade e dos arredores enchéronse con visitantes do catro provincias galegas, pero tamén doutras comunidades como Castela León, Asturias ou Cataluña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...