InicioSociedadeA Deputación de Lugo destina 120.000 euros á Fonsagrada para renovar o...

A Deputación de Lugo destina 120.000 euros á Fonsagrada para renovar o parque móbil e mellorar o servizo de augas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración co Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, para ampliar e renovar o parque móbil municipal e mellorar o servizo de augas fonsagradino, cunha axuda de 120.000 euros.

En concreto, a entidad local comprará con esta dotación un camión con gravilladora, unha apisoadora autopropulsada, unha rozadora forestal de brazo para axustar ao tractor, unha pick-up, unha placa compactadora usada, un grupo electrógeno usado para soldadura, seis depósitos de auga para uso alimentario e un caudalímetro electromagnético.

Con este investimento, subliñou o presidente, “estamos a demostrar de novo que a cooperación cos concellos é a función esencial desta institución e que, sen ela, moitos municipios non poderían prestar os servizos que precisan aos seus veciños”.

O presidente provincial engadiu que, nun concello de Montaña como este, “é fundamental contar con maquinaria idónea para o mantemento de estradas, dos camiños e do conxunto dos servizos básicos necesarios para os veciños”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...