InicioSociedadeLara Méndez urxe á concesionaria da limpeza negociar e esixe á Xunta...

Lara Méndez urxe á concesionaria da limpeza negociar e esixe á Xunta atender ás súas “competencias”

Remarca a necesidade de que se cumpran os servizos mínimos, mentres que sindicatos defenden que xa se fai e piden "vontade real" de negociar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns unha reunión coa adxudicataria do servizo de limpeza municipal, para instar a que “avancen as negociacións” nun conflito que derivou en folga, e cuxos efectos se percibiu con intensidade, por exemplo, nalgúns colexios. Ao tempo, reiterou o seu “apoio total” ás reivindicacións “xustas” que fai un sector “tremendamente feminizado e cunhas precarias condicións laborais”, e instou á Xunta a aliñarse nas mesmas esixencias, ademais de asumir “competencias que son propias por lei”.

Fontes sindicais consultadas por Europa Press confirmaron que, nun encontro posterior, a rexedora trasladoulles a información sobre a reunión coa concesionaria, e insisten, co foco en Aspel, en que as administracións “teñen que facer presión” e esixir á patronal que “sente con vontade real de negociar”. Só así, remarcan as fontes consultadas, que defenden que “se cumpren os servizos mínimos”, poderase desatascar un conflito que derivou nunha folga activa desde mediados de outubro, coas súas correspondentes mobilizacións.

“QUE POÑA PROPOSTAS SOBRE A MESA”

Pola súa banda, tras os encontros, a rexedora lucense trasladou que pediu á patronal que “poña propostas encima da mesa” que vaian encamiñadas a mellorar unhas condicións “precarias” e non cara a consolidar “recortes de dereitos xa adquiridos”. Tamén remarcou que, ademais de informar os sindicatos, demandou o cumprimento dos servizos mínimos “para conciliar o dereito á folga” con “evitar situacións de insalubridade, especialmente en centros con usuarios vulnerables”.

Méndez esgrimiu que desde o Concello dáse este paso porque preocupa a situación e condicións laborais das traballadoras “a pesar de que non é unha competencia propia municipal”, polo que esixiu á Xunta que se dirixa á patronal “na mesma dirección” e asuma “competencias que son propias por lei”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...