InicioSociedadeA estación de buses intermodal de Lugo recibirá uns 620.000 viaxeiros ao...

A estación de buses intermodal de Lugo recibirá uns 620.000 viaxeiros ao ano

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, advirte de que "a reconstrución da A-6 non será total ata que teña cinco carrís".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou este luns en Lugo o proxecto de construción da nova estación de autobuses intermodal da cidade, que recibirá un investimento de case 21 millóns de euros para soportar, segundo estima a Xunta, unha afluencia de 620.000 viaxeiros ao ano. Así o anunciou este luns na Delegación da Xunta en Lugo a titular de Infraestruturas, acompañada na presentación do proxecto polo delegado territorial, Javier Arias, e a xefa de servizo de Infraestruturas da Dirección Xeral de Mobilidade, Tamara Subiela.

A licitación da obra, que xa fora anunciada o pasado mércores polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a cita coa alcaldesa de Lugo, non só contempla a construción da nova terminal de autobuses por un importe de 8,5 millóns de euros, senón tamén a dun aparcadoiro subterráneo de 240 prazas (oito delas para mobilidade reducida) que suporá un investimento de 11,4 millóns.

“Damos o paso definitivo para poder materializar a estación intermodal de Lugo e permitir un intercambio áxil, seguro e cómodo entre os servizos de tren e de autobús en só dous minutos“, manifestou Ethel Vázquez, quen tachou con todo o proxecto de “agridoce” ao representar, dixo, a “chegada da intermodalidade” a Lugo pero non así a da “alta velocidade”.

As obras para a construción da nova terminal, que contará con 18 dársenas para interurbanos e cinco dársenas de regulación estará comunicada coa estación de ferrocarril, comezarán, de acordo ao precisado pola Xunta, durante a primavera de 2024 e terán un prazo de execución de 25 meses. O edificio da actual estación de autobuses será reconvertido nun intercambiador.

CRÍTICAS AO GOBERNO CENTRAL

Ethel Vázquez, que cualificou como “insuficiente” e “moi afastada da alta velocidade” a actual oferta ferroviaria da cidade, aproveitou tamén a súa comparecencia para demandar ao Executivo central “un xiro de 180 graos en materia de infraestruturas” na súa relación coa provincia de Lugo.

A conselleira cargou contra a situación na que se atopa o viaduto do Castro na autovía A-6. “A A-6 leva cortada dous anos cun desvío que quedou demostrado que é ineficaz e parécenos inaceptable“, sinalou, para acto seguido solicitar “a reconstrución total” dunha vía que contaba, lembrou, con “cinco carrís” de circulación. “Leva moito tempo perdido. Estaremos expectantes e vixiantes por se se abren dous carrís antes de final de ano, pero a reconstrución da A-6 non será total ata que teña cinco carrís”, finalizou Vázquez.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...