InicioSociedadeCondenada a 15 meses de prisión unha muller en Vilalba por atropelar...

Condenada a 15 meses de prisión unha muller en Vilalba por atropelar en estado de ebriedade a dúas persoas

A acusación particular solicita unha indemnización próxima aos 90.000 euros polas lesións sufridas polos dous peóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo resolveu este venres impor unha pena de prisión de 15 meses e un día a unha condutora acusada de atropelar baixo os efectos do alcol a dúas persoas na parroquia de Oleiros (Vilalba), uns feitos ocorridos en agosto de 2019. As partes chegaron a un acordo de conformidade respecto da responsabilidade penal da acusada, que recoñeceu os feitos e que non poderá conducir vehículos a motor ou ciclomotores por un período de dous anos, seis meses e un día.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do 11 de agosto de 2019, á altura do punto quilométrico 3,700 da estrada LU-P-6510, no termo Municipal de Vilalba, cando a acusada, de acordo ao recolleito no escrito fiscal, arroiou co seu vehículo a dous transeúntes que camiñaban pola marxe dereita da vía. A proba de detección alcohólica realizada á moza arroxou un resultado positivo de 0,77 miligramos de alcol por litro en aire expirado, o que abriu o procedemento por un delito contra a seguridade do tráfico en concurso con dous delitos de lesións por imprudencia grave.

DISCREPANCIAS SOBRE A RESPONSABILIDADE CIVIL

A vista oral celebrada este venres, que se estendeu durante case dúas horas, estivo centrada en dirimir a responsabilidade civil da procesada, para quen a acusación particular solicitou unha indemnización conxunta próxima aos 90.000 euros polas lesións sufridas polos dous transeúntes e as consecuentes secuelas provocadas.

No xuízo tomouse declaración á acusada; a varias testemuñas presenciais; aos axentes da Garda Civil encargados de elaborar o ateigado; aos efectivos da Policía Local que se personaron no lugar do sinistro; a un perito e a un médico forense. A acusación particular reclamou na fase de conclusións o pago de 37.000 e 49.000 euros de indemnización ás dúas vítimas do atropelo en concepto de responsabilidade civil polos prexuízos físicos e morais causados, así como os gastos médicos e farmacolóxicos asociados a estes.

A defensa, pola súa banda, e o letrado da compañía aseguradora, pediron o 50 % de aminoración da responsabilidade civil ao argumentar que os peóns cometeron tamén unha “imprudencia” ao camiñar pola beiravía dereita da estrada e sen dispositivos reflectores nunha vía que carecía de iluminación artificial.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...