InicioSucesosAta tres pelexas por temas laborais e débedas mediou a Policía Local...

Ata tres pelexas por temas laborais e débedas mediou a Policía Local este fin de semana

As diferentes rifas tiveron lugar na Avenida da Coruña, na Rúa da Cruz e na Horta do Seminario por diversos motivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo tivo que intervir ao longo do fin de semana en diferentes rifas e pelexas na Avenida da Coruña, na Rúa da Cruz e na Horta do Seminario. Na tarde do venres, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu a un local de hostalaría da Avenida da Coruña, xa que se estaba producindo unha pelexa.

Ao chegar ao lugar, os axentes observaron que na terraza había dous grupos separados, un formado por dúas mulleres e outro por un home. Unha das mulleres manifestaba que un home, ao que coñece pero co que non ten ningún tipo de relación sentimental, achegóuselle e propinoulle unha puñada, ao que ela respondeu empregando unha cadeira. A continuación, os axentes investigaron que estes feitos puideron deberse a unha suposta débeda.

Ademais, na madrugada do día 28, unha patrulla acudiu á Rúa da Cruz, onde ao parecer unha persoa agresiva golpease cun paraugas a outra persoa. Xa no lugar, os axentes comprobaron que había un home na metade da rúa cos pantalóns baixados á altura dos xeonllos e “en evidente estado de embriaguez”, manifestando que un mozo o agredira. Ao dar as características desta persoa, os policías localizárona no interior dun establecemento. Este home manifestou que momentos antes o outro home agredírao cun paraugas na cara.

PELEXA POR TEMAS LABORAIS

Por outra banda, a noite do sábado a Policía Local tivo que intervir nunha pelexa entre dúas persoas na Praza Horta do Seminario. Alí atoparon a dúas persoas pelexándose e a unha terceira tentando mediar. Unha vez identificados, un deles sinalou que tivera unha discusión cun compañeiro por motivos de traballo. A outra parte tamén manifestou que comezaran a agredirse mutuamente por temas laborais. Debido ás feridas que presentaba un deles, houbo que mobilizar a unha ambulancia do 061, onde foi trasladado a un centro sanitario.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...