InicioA UlloaPalas de ReiAparecen duascentas troitas mortas no río Ferreira en Palas de Rei

Aparecen duascentas troitas mortas no río Ferreira en Palas de Rei

Unhas 200 troitas, de entre 28 e sete centímetros, apareceron mortas no río Ferreira, no municipio de Palas de Rei (Lugo), segundo confirmou a Europa Press a Consellería de Medio Ambiente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unhas 200 troitas, de entre 28 e sete centímetros, apareceron mortas no río Ferreira, no municipio de Palas de Rei, segundo confirmou a Europa Press a Consellería de Medio Ambiente.

Tras ter constancia do sucedido, desprazáronse ao lugar axentes ambientais da Xunta. Desde o departamento autonómico, indican que agora se analizarán os exemplares para tratar de pescudar a causa do sucedido.

“E estudaranse as posibles causas aínda que, polo momento, é pronto para determinalas”, precisaron desde a Consellería de Medio Ambiente.

Con todo, non descartaron a posibilidade de que, en concreto, “a calor e o baixo nivel do caudal do río poden ter relación co incidente”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...