InicioSociedadeO PP de Vilalba atribúe á "incompetencia" do goberno local a folga...

O PP de Vilalba atribúe á “incompetencia” do goberno local a folga na recollida de lixos

Urxen aos responsables do goberno bipartito a "dar unha solución inmediata e definitiva a este conflito

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Vilalba reuniuse estes días con traballadores da empresa encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria para coñecer a súa situación tras varias xornadas en folga.

Para os populares, esta situación é “consecuencia da incompetencia e da falta de xestión” por parte do goberno local, que “leva practicamente tres anos sen renovar o contrato do servizo, caducado a finais de setembro do 2020, nin facer un control sobre a súa prestación pola anterior concesionaria”.

Os populares urxen, por tanto, aos responsables do goberno bipartito a “dar unha solución inmediata e definitiva a este conflito que non se debería dar o seu fixesen o seu traballo”, clamaron.

O PP de Vilalba condena “a falta de palabra do PSOE” e lembrou que solicitaron “en numerosas ocasións” ao goberno local que “licitase un novo contrato para prestar o servizo desde unha situación de legalidade”. “Tras tres anos sen contrato entre o Concello e a empresa, os traballadores sofren as consecuencias ante un goberno local encabezado polo Partido Socialista que non é sensible coa súa situación, destaca a portavoz, Sandra López.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...