InicioSociedadeA policía detona unha granada do ano 32 localizada por un bañista...

A policía detona unha granada do ano 32 localizada por un bañista no río Miño

A granada, denominada Valero 50, atópabase nun moi avanzado estado de oxidación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detonou en Lugo unha granada antiga, datada do ano 32 e denominada Valero 50, aparecida no río Miño á altura do parque da Tolda, segundo informan. O aviso recibiuno a Sala do 091, coa chamada dun bañista que dicía haber atopando un artefacto explosivo na beira do río Miño.

Ao lugar, desprazáronse indicativos policiais da Comisaría Provincial de Lugo, que verificaron que se trataba dunha granada nun estado de oxidación importante. A mesma fora trasladada dende o lugar onde foi localizada ao interior dun parque, lugar que é acordoado, segundo establecen os protocolos de actuación.

Tamén acudiu a unidade TEDAX, cuxos especialistas, tras examinar o artefacto, determinan que, para evitar danos e perigos có traslado, debido ao estado de conservación do explosivo, é necesario detonalo no lugar. “Por iso, tratándose dun espazo aberto e perfectamente acordoado, considerando o perigo nulo, a altas horas da madrugada os TEDAX proceden á súa detonación e destrución“, explica a Policía Nacional.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...