InicioA UlloaAntas de UllaAntas de Ulla recibirá do Goberno algo máis dun millón de euros...

Antas de Ulla recibirá do Goberno algo máis dun millón de euros para actuacións de mellora

O delegado do Goberno, Pedro Branco, euniuse coa alcaldesa, Pilar García Porto, e visitaron a Casa de Cultura, que nos próximos meses vai ser obxecto de melloras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, desprazouse este xoves ao municipio lucense de Antas de Ulla, onde o Executivo destinou axudas por importe de 1,12 millóns de euros, para supervisar as actuacións que se están financiando no municipio.

Branco reuniuse coa alcaldesa, Pilar García Porto, no Concello. Tras isto, os dous visitaron a Casa de Cultura, que nos próximos meses vai ser obxecto de melloras que permitirán reordenar espazos para poder acoller unha oferta cultural máis atractiva.

Para iso, apuntan nun comunicado, o Goberno achega 816.885 euros para unha actuación que ascende a 945.000 millóns de euros, que completará o Concello de Antas de Ulla, e que servirán tamén para arranxar a súa cuberta e a súa fachada e mellorar así a súa eficiencia enerxética.

Tamén repasaron outros investimentos da Administración estatal na localidade, como os 241.412 euros en axudas para eficiencia enerxética, que posibilitaron a renovación de case todos os puntos de luz do municipio, ou o esforzo para levar internet de alta velocidade a case 400 fogares e negocios de Antas de Ulla que ata agora non gozaban deste servizo co Programa Único do Ministerio de Asuntos Económicos.

Doutra banda, o Concello tamén está pendente da resolución dunha axuda de 400.000 euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno para acondicionar o espazo e humanizar a contorna de Praza Nova.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...