InicioSociedadePor que os sanitarios non queren vir a Lugo?

Por que os sanitarios non queren vir a Lugo?

Do total de 202 prazas desertas no conxunto do Estado, 20 son na área sanitaria de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

CIG-Saúde esixe medidas urxentes para “mellorar as condicións de traballo” dos profesionais de Atención Primaria, xa que considera que o feito de que quedasen desertas 39 prazas MIR de Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia “confirma que incrementar o número de prazas MIR non é suficiente para ter máis profesionais”.

A central sindical cre que “só así” se fará atractiva esta especialidade e conseguirase “romper coa actual dinámica de falta de profesionais“. “Definir o persoal real nos Centros de Saúde que poida responder, con calidade, ás demandas da cidadanía; limitar as cargas de traballo; dignificar a docencia; reforzar as estruturas de xestión ou apostar por unha Atención Primaria vertebradora do territorio”, son algunhas das propostas de CIG-Saúde.

Neste contexto, nunha nota de prensa, a CIG detallou que do total de 202 prazas desertas no conxunto do Estado, 39 son en Galicia, das que “20 son na área sanitaria de Lugo; 14, na de Ourense; e cinco, na de Ferrol”.

Así, destacou que Galicia é a segunda comunidade con máis prazas desertas, despois de Castela e León, con 55. Do mesmo xeito que ocorreu o pasado ano, lamentou, a especialidade “non resultou o suficientemente atractiva para os futuros R1”.

De feito, na convocatoria do ano 2022 “quedasen 200 prazas de Medicina e Familia sen cubrir” e “foi necesario forzar unha segunda quenda de elección, no que aínda quedaron sen cubrir 93, seis delas na área sanitaria de Lugo”.

ÚLTIMAS

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...