InicioComarca da FonsagradaBaleiraDan por extinguido o incendio de Baleira que arrasou 1.400 hectáreas

Dan por extinguido o incendio de Baleira que arrasou 1.400 hectáreas

O de Baleira é o primeiro gran incendio do ano e, supostamente, foi provocado por unha queima descontrolada. De feito, a Garda Civil xa imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio declarado o pasado martes no municipio lugués de Baleira, onde arderon 1.400 hectáreas, 1.100 delas de monte raso.

No mediodía deste venres, os medios anti incendios despregados na zona deron por extinguido o lume, que estaba controlado desde as 05,45 horas desta madrugada.

As últimas estimacións cifran en 1.400 as hectáreas afectadas por este incendio declarado ás 17,00 horas do martes na parroquia de Cubilledo e que obrigou a deslojar varias aldeas polo risco de proximidade das chamas.

O de Baleira é o primeiro gran incendio do ano e, supostamente, foi provocado por unha queima descontrolada. De feito, a Garda Civil xa imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo de 78 anos de idade como suposto autor material deste incendio, por unha imprudencia grave cometida ao realizar unha queima de restos forestais sen autorización administrativa.

Ata o momento traballou na zona, onde foi necesario desaloxar a veciños de varias aldeas que xa puideron regresar ás súas casas, un dispositivo no que participaron cinco técnicos, 54 axentes, 79 brigadas, 39 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio (UTA), catro avións e cinco helicópteros.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...