InicioSociedadeTania e Nicolás, a paixón polo motor proxectada en ‘Rent a Car...

Tania e Nicolás, a paixón polo motor proxectada en ‘Rent a Car Vilalba’

“Víamos que en Vilalba faltaba un servizo de alugueiro de vehículos e había moita xente que o demandaba”, comenta esta parella de emprendedores para explicarnos outro dos motivos principais que os motivou para montar este negocio no 2022.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ás veces caemos no tópico de “xente nova e leña verde, todo é fume” e non é xusto. Hai moitos casos de mocidade traballadora e emprendedora, e en Vilalba atopamos un exemplo. Trátase de Tania Lage e Nicolás Ferreiro, dous amantes do motor que, con 27 e 24 anos respectivamente, decidiron botar adiante un proxecto de alugueiro de vehículos sen condutor. A empresa chámase ‘Rent a Car Vilalba’ e comezou a súa andaina o 20 de maio do pasado ano. Dende principios de 2023 están xa nunha nave do Polígono Industrial Sete Pontes de Vilalba, concretamente na Rúa Acivro, Parcela 48.

Falamos con eles para coñecer máis polo miúdo esta aventura na que se embarcaron.

Cando e como nace a idea de dedicarvos ao negocio do alugueiro de coches sen condutor?

A idea viñámola traballando xa dende o 2021 porque a ambos os dous gústanos moito o mundo do motor. Víamos que en Vilalba faltaba un servizo de alugueiro de vehículos e había moita xente que o demandaba tanto no aspecto persoal como empresarial, polo que nos pareceu unha boa proposta de negocio. Polo tanto decidimos emprender nesa vía así que levamos funcionando nesta nova andaina dende o 20 de maio do ano pasado.

Que tipo de vehículos alugades? 

Turismos, furgonetas, furgonetas de 8 prazas e autocaravanas.

Algúns vehículos que teñen en alugueiro. Foto cedida.
Autocaravanas, vehículos de gran demanda ultimamente. Foto: Rent a Car Vilalba.

Tamén incluídes coches eléctricos? 

Non, de momento non.

Ofrecedes algún servizo a maiores do alugueiro en Rent a Car Vilalba?

Actualmente non dispoñemos de ningún servizo a maiores do alugueiro, pero nun par de meses contaremos cun servizo de compravenda  de vehículos. Turismos, vehículos industriais e tamén autocaravanas por encarga.

En maio faredes un ano. Como valorades o tempo que levades funcionando?

Pois a verdade e que moi contentos, tivemos moi boa acollida. Xa que Vilalba esta moi céntrico para outros municipios e un porcentaxe alto de xente demandaba este tipo de servizo.

Que foi o que máis vos custou estes meses á hora de levar o negocio?

Pois a verdade é que todo nos custou un pouco xa que o inicio de calquera negocio sempre é bastante duro e máis sendo uns emprendedores tan novos e con tan pouca experiencia laboral, pero co paso dos días e dos meses a nosa experiencia e contacto cos cliente cada día é maior e iso axúdanos moito a seguir medrando e aprendendo cada día máis.

Moi importante a promoción e contar cun bo servizo de contratación online, verdade?

Si, a opción online é a que máis se utiliza a día de hoxe a pesar que nós aínda non contamos con ese servizo, pero si temos dispoñible paxina web e redes sociais que nos funciona moi ben para reservas e contactan moito por elas. 

Oficina no Polígono Industrial de Vilalba. Foto cedida.

Que vehículos e que perfil de cliente foi o que máis tivestes e que tempadas se moveu máis contratación?

A verdade é que a demanda é alta en todos os vehículos que temos pero quizais o que máis movemento ten é o alugueiro de turismos ao particular. De feito o verán pasado foi cando máis demanda houbo, tal foi así que estiveron ocupados e non puidemos atender a toda a demanda. Este tipo de cliente é máis habitual aínda que tamén hai moito autónomo.

Algunha anécdota que se poida contar?

Non, a verdade é que non temos ningunha anécdota a día de hoxe.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...