InicioSociedadeO vento supera os 100 quilómetros por hora na Serra do Xistral

O vento supera os 100 quilómetros por hora na Serra do Xistral

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vento alcanzou os 105,7 quilómetros por hora na Serra do Xistral, no municipio lucense de Muras, este luns. Nesta xornada de luns activara un aviso amarelo por vento no mar nas provincias da Coruña e Lugo, segundo información de Meteogalicia.

Pola súa banda, en estacións situadas a menos de 900 metros, a máxima alcanzouse en Punta Candieira, en Cedeira, con 90,8 quilómetros por hora.

Mentres, a semana comeza en Galicia coa influencia de altas presións, as cales impiden a chegada de frontes atlánticas. Así, hai tempo seco con temperaturas parecidas ás do domingo. A mínima deste luns foi en Verín, con -6 graos.

ÚLTIMAS

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

Absolven o terceiro acusado de deter ilegalmente unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao terceiro acusado de deter ilegalmente a unha...

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...