InicioSociedadeO alcalde de Baleira tras a sentenza da violación da menor: "É...

O alcalde de Baleira tras a sentenza da violación da menor: “É difícil de entender”

Crispación e desánimo presiden unha concentración en Lugo pola sentenza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sede da Audiencia Provincial de Lugo foi escenario do clamor cidadán en rexeitamento da sentenza polo caso de abuso sexual continuado a unha menor en Baleira, un fallo xudicial que chegou despois dun pacto entre os acusados e a Fiscalía tras dilacións no proceso e dar por resarcida á vítima durante este tempo pola indemnización de 50.000 euros dos violadores e o seu cómplice, a irmá da vítima.

Crispación e desánimo foron os sentimentos que se deixaron asomar nunha protesta que reuniu a decenas de persoas para reclamar, así mesmo, un xulgado específico de violencia de xénero para que non se repitan situacións como a de Baleira, en que os delincuentes tiveron condenas “inferiores” ao tempo en que abusaron a vítima.

“Menos discursos e máis recursos” ou “Se tocan a unha, tócannos a todas” foron algunhas das consignas que se puideron escoitar nesta protesta que se suma ás iniciativas que se tomaron no Concello de Baleira, no que se convocou un pleno extraordinario para decidir posibles actuacións, como a de apoiar unha iniciativa dun veciño de recollida de firmas.

Ademais, na protesta, na que se portou unha pancarta morada con consignas feministas e a petición do novo xulgado, tamén se advertiu de que “non é un caso illado” e que as “nenas están desprotexidas” tras unha sentenza que cualificaron de “ridícula”.

E en boca da portavoz da plataforma feminista, Ana Torrón, lembráronse casos como a ‘Operación Carioca’ –na que se investigou unha rede de prostitución–. “As mortes que levamos xa son bastantes para ser unha cidade tan pequena e unha xa é demasiado, e tantas como levamos, é insoportable”, lamentou.

PLENO EXTRAORDINARIO

O alcalde, Ángel Martínez, confirmou que “no pleno ordinario decidiuse facer un pleno extraordinario, unha vez coñecida a sentenza e nese pleno decidirase se sacar un comunicado de repulsa e que tipo de accións se poden desenvolver”.

Martínez secundou que “a sentenza non queda outra que acatala, pero imos ver que pasos imos seguir a partir de agora”. “O que di a sentenza está tecnicamente ben, aínda que sexa difícil de entender”, subscribiu.

En canto a accións a levar a cabo, o alcalde de Baleira puntualizou que se persegue “expresar a repulsa unánime” da corporación, polo que suxeriu que podería convocar unha manifestación ou mesmo promover “a iniciativa dun veciño de recoller firmas”. “Calquera cousa, pero que isto non se volva a repetir e a sociedade se concience de que coa violencia non se vai a ningún lugar”, explicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Un total de 300 usuarios en municipios de menos de 20.000 habitantes atendidos en nove residencias da Deputación de Lugo

A proximidade, a atención personalizada e a calidade asistencial definen o modelo de residencias...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Iria Castro asiste á Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto

A deputada Iria Castro asistiu este domingo á Feira da Artesanía do Ferro de...