InicioSociedadeA provincia de Lugo, camiño de converterse nun deserto poboacional

A provincia de Lugo, camiño de converterse nun deserto poboacional

As provincias de Pontevedra e a Coruña concentran case o 77% da poboación de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia sumou 2.722 habitantes a 1 de xullo de 2022 en comparación co mesmo período do ano anterior, debido ao crecemento de poboación rexistrado nas provincias da Coruña e Pontevedra.

En concreto, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), Galicia contaba a mediados do ano pasado con 2.693.451 habitantes. Na Coruña había 1.122.033, en Pontevedra 943.474 (ambas as con subidas de poboación respecto de 12 meses atrás), en Lugo 323.984 e en Ourense 303.961 (as dúas anótanse descensos).

Estas cifras (as relativas a xullo) son provisionais. O IGE publica tamén as definitivas a 1 de xaneiro de 2022, cando Galicia rexistraba unha cifra de poboación de 2.691.456 habitantes, o que supuña un descenso de 5.420 persoas con respecto ao ano anterior. Por provincias, A Coruña e Pontevedra concentran o 76,7% da poboación galega.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...